(2012) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de setembro de 1974 (50 anos) Seattle, Estados Unidos de América |
Educación | The Evergreen State College (en) The Overlake School (en) Western Washington University (en) Lake Washington High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | cantante, blogueira, actriz de televisión, actriz de cinema, guionista, música, actriz, escritora, guitarrista, directora de cinema |
Período de actividade | 1993 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Riot grrrl |
Instrumento | Guitarra e voz |
Páxina web | carriebrownstein.com |
|
Carrie Rachel Brownstein, nada o 27 de setembro de 1974 en Seattle, Washington, é unha músico, actriz, escritora, directora e cómica estadounidense. Deuse a coñecer primeiro como membro da banda Excuse 17 antes de formar o trío de rock Sleater-Kinney. Durante un longo hiato de Sleater-Kinney formou o grupo Wild Flag. Nese período Brownstein escribiu e apareceu nunha serie de sketchs cómicos xunto con Fred Armisen que desenvolveron na serie de televisión satírica Portlandia. A serie gañaría varios premios Emmy e Peabody. Sleater-Kinney finalmente volveu a xuntarse en 2014 e en 2015 Brownstein estivo de xira coa banda e promocionando o seu libro de memorias Hunger Makes Me A Modern Girl.[1]